Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao

A VIDA DO XENIO

Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao naceu en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886, no seo dunha familia mariñeira. Con once anos emigrou coa súa familia á Pampa arxentina, da que non volvería ata cumprir os catorce anos de idade. Posteriormente estudou Medicina en Santiago, animado polo seu pai, e exerceu como médico na súa vila de nacemento.

En 1910 fundou o semanario El Barbero Municipal xunto cos seus compañeiros Xosé Benito Rañó e Xosé Arcos Moldes, e sería a primeira vez que empregou a súa arte cun compromiso político.

En 1912 contraeu matrimonio con Virxinia Pereira Renda, con quen tivo un único fillo dous anos despois: Alfonso Luís Xesús.

En 1916 ingresou nas Irmandades da Fala e comezou a colaborar con entidades culturais e revistas coma A Nosa Terra e Nós. Durante esta época, concretamente en 1922, publicou as estampas de Cousas da Vida no xornal Galicia. Máis tarde. Máis tarde en 1924, incorporouse ao Seminario de Estudos Galegos.

Nas eleccións de 1931 saíu elixido deputado e pouco despois promove xunto con outras forzas un proxecto para o Estatuto de Autonomía de Galiza. Posteriormente lideraría a comisión que presentaría o antedito estatuto. En 1934 foi admitido como membro da Real Academia Galega.

Nas eleccións a Cortes de 1936 saíu novamente elixido deputado, pero o alzamento militar puxo fin aos obxectivos que el tiña para o pobo galego.

 

Tras a guerra viuse obrigado ao exilio en Bos Aires, desde onde promove a fundación da Irmandade Galega e participa en eventos de defensa de Galiza e da República. Nesta etapa acada o culme da súa faceta literaria, coa publicación en 1944 da súa obra Sempre en Galiza.

 

Finalmente, morre o 7 de xaneiro de 1950 en Bos Aires.

«Non están civilizados; están domesticados, que non é o mesmo».

Fotografía e vídeo: Alumnado Obradoiro Carnero Valenzuela II e Concello de Rianxo.

Deseño: Alumnado Obradoiro Carnero Valenzuela II.

2021

Licenza Creative Commons

Esta obra ten unha licenza Creative Commons

Atribución-Non comercial-Compartir igual 3.0 España
Ir al contenido