33. CRUCEIROS

Adro da igrexa de Asados

Vemos un Castelao rescatando do esquecemento a arte popular dos cruceiros, e poñendo en valor o instinto imaxineiro dos canteiros cuns debuxos determinantes, como son os de As cruces de pedra na Galiza, seguidos dun estudo comparativo polo sur da costa oeste francesa, que publica co título de As cruces de pedra na Bretaña.

Existen outras cruces e cruceiros que chamaron a atención do noso artista debuxante, entre os que cabe citar: tres na propia vila de Rianxo e outros dous na Pedreira e nas Cortes; no Araño tres, nos lugares de Miráns e Outeiro; en Taragoña, dous, en Ourolo e Laxe Pequena e finalmente en Leiro, tres (un deles en Brión).

Outros puntos do roteiro

«A vaca é o símbolo da paz».

«Sempre en Galiza», 1944.  Editorial Galaxia.

Fotografía e vídeo: Alumnado Obradoiro Carnero Valenzuela II e Concello de Rianxo.

Deseño: Alumnado Obradoiro Carnero Valenzuela II.

2021

Licenza Creative Commons

Esta obra ten unha licenza Creative Commons

Atribución-Non comercial-Compartir igual 3.0 España
Ir al contenido