32. CASTRO BARBUDO

Lugar de inspiración

O castro Barbudo é o punto máis alto da parroquia de Taragoña, que ofrece unhas impresionantes vistas da ría de Arousa e do val do río Te. Este punto espertou o interese de Castelao desde a súa etapa máis rianxeira, talvez pola singular configuración orográfica, rematada en planicie e polas referencias folclóricas que ofrece. Así tomou del diversos apuntamentos, posiblemente desde Asados, para posteriormente plasmalos en cadros, especialmente de temática de cegos. Por exemplo, Camiño da festa de Guadalupe (óleo) e Contos de cegos (acuarela), ou O cego de Taragoña. O Castro Barbudo a duras penas conserva máis que restos ciscados das pedras das murallas, que deron vida a esa civilización castrexa desde a Idade do Ferro ata a romanización. Pero o seu cume, de máis de trescentos metros, ofrécenos a posibilidade de gozar das mellores vistas panorámicas da ría de Arousa.

Outros puntos do roteiro

«As sardiñas volverían se os gobernos quixesen».

«Álbum Nós», 1931.  Editorial Galaxia.

Fotografía e vídeo: Alumnado Obradoiro Carnero Valenzuela II e Concello de Rianxo.

Deseño: Alumnado Obradoiro Carnero Valenzuela II.

2021

Licenza Creative Commons

Esta obra ten unha licenza Creative Commons

Atribución-Non comercial-Compartir igual 3.0 España
Ir al contenido