31. ALDEA MALDITA DE ABUÍN

Un lugar de mitos e lendas

A historia deste enigmático lugar está a cabalo entre a realidade e o mito, aínda que si hai unha certeza ao redor da súa estraña lenda. A aldea foi abandonada polos seus habitantes despois da morte de gran parte deles.

As lendas din que caeu sobre os habitantes unha maldición que acabou coa vida deste lugar. Hoxe en día, apenas quedan en pé parte dos muros de tres vivendas e, entre frondosos eucaliptos e baixo a maleza, albíscanse restos de pedras amontoadas que un día formaron parte de sólidas construcións. Nesta terra de meigas, coméntase que o castigo divino exterminou todo o poboado, pero co transcurso dos anos non quedaron claros os motivos do abandono do lugar entre os séculos XIV e XVI.

Entre as lendas que se cernen sobre sobre ela, a máis popular conta que os habitantes do vello poboado de Abuín cometeron un asalto contra o mosteiro de Armenteira e entregaron o botín ao cura para que o agochara. Ao día seguinte, o sacerdote amenceu morto, e tras a súa morte ocorreron as mortes de boa parte dos veciños da aldea, dándolles pé a crer que eran vítimas dunha maldición.

Hai quen incluso di que o tesouro continúa soterrado baixo o chan dunha das casas que aínda conserva parte da súa estrutura. Outra das teorías conta que o sacerdote tirou un cáliz roubado da Igrexa de Leiro e que a maldición recaerá sobre aquel que o atope.

Outros puntos do roteiro

«¡Que San Roquiño nos liberte de médicos, abogados e boticarios!».

«Álbum Nós», 1931.  Editorial Galaxia.

Fotografía e vídeo: Alumnado Obradoiro Carnero Valenzuela II e Concello de Rianxo.

Deseño: Alumnado Obradoiro Carnero Valenzuela II.

2021

Licenza Creative Commons

Esta obra ten unha licenza Creative Commons

Atribución-Non comercial-Compartir igual 3.0 España
Ir al contenido