29. AREAL DE TRONCO

Recordos da infancia

Estaba no certo Antonio Fraguas cando afirmou que a praia, o peirao, os homes do mar e os barcos «fixeron os grandes e profundos camiños de todos os andares de Castelao». As praias de Tronco e O Porrón eran dos lugares preferidos polo seu avó para ir pasear, pescar ou mariscar, e serían para o rapaz motivo de diversión cando o acompañaba. Mentres esperaba, xogaría no mar cun barquiño de cortiza, ou co de pau que lle fixera o tío carpinteiro.

Era un rapaciño e aínda non se decatara das desgrazas que ese mesmo mar ocasionaba con demasiada frecuencia nos días da invernía. Andando o tempo viviría de cerca o drama dos afogados, ou ben os coñecería por boca dos máis anciáns, como é o caso da siña Sinforosa, unha mandadeira que cada día facía a travesía de Rianxo a Vilagarcía, e tiña para todos os defuntos un rosario de paisnosos, avemarías e salves.

Outros puntos do roteiro

«Galiza soio merecerá respeto cando abandoemos a nosa mansedume, despois de saber o que fomos, o que deixamos de ser e o que seríamos con vida independente».

«Sempre en Galiza», 1944.  Editorial Galaxia.

Fotografía e vídeo: Alumnado Obradoiro Carnero Valenzuela II e Concello de Rianxo.

Deseño: Alumnado Obradoiro Carnero Valenzuela II.

2021

Licenza Creative Commons

Esta obra ten unha licenza Creative Commons

Atribución-Non comercial-Compartir igual 3.0 España
Ir al contenido