27. CHALÉ DE ÁNXEL BALTAR

Amigo e benfeitor

Ángel Baltar foi quen fixo posible que os servizos como a luz e o teléfono chegaran á vila mariñeira. Tanxil foi refuxio familiar cando se produciu a epidemia da gripe de 1918 e Ángel Baltar dedicouse a atender os enfermos da localidade.

Foi quen encargou a imaxe da virxe da Guadalupe e quixo que “a dulce imaxe da virxen patrona da vila se alzase como orientación consoladora para a xente do mar”. Estivo ata o 2005; os herdeiros Baltar decidiron retirala ante o perigo que corría polos constantes derrubamentos que se producían na zona.

Situado nos altos de Tanxil, este chalé comezouse a edificar cando o autorizou o Concello, en setembro de 1913. Os traballos estiveron a cargo do mestre de obras de Santiago, Perfecto Fontán, e do canteiro de Rianxo, Manuel Iglesias Eiras. O arquitecto foi Eduardo Rodríguez Losada.

Ángel Baltar, prestixioso médico, con consulta en Santiago, mantivo boa amizade coa familia Castelao, decisiva á hora de escoller Tanxil como lugar de veraneo. Mariano Rodríguez e os fillos eran invitados con asiduidade á nova casa e a pasear no seu iate pola ría. Baltar operou duns ganglios a Castelao, en maio de 1911.

Por este chalé pasaron ilustres médicos e homes de ciencia da Universidade de Santiago e doutros centros docentes de España, amigos do doutor Baltar.

Outros puntos do roteiro

«A cidade cree que fóra dela non hai máis que paisaxe, patacas e leite…; ignoran que tamén existe unha cultura nobre, antiquísima e insobornable».

«Sempre en Galiza», 1944.  Editorial Galaxia.

Fotografía e vídeo: Alumnado Obradoiro Carnero Valenzuela II e Concello de Rianxo.

Deseño: Alumnado Obradoiro Carnero Valenzuela II.

2021

Licenza Creative Commons

Esta obra ten unha licenza Creative Commons

Atribución-Non comercial-Compartir igual 3.0 España
Ir al contenido