26. PAZO DE MANUEL VITURRO

Choques políticos

O pazo de Manuel Viturro é un dos monumentos máis importantes de Rianxo. Trátase dunha edificación do século XVIII. Foi herdado por Manuel Viturro Rivela e despois herdado polo seu fillo Manuel Viturro Posse. Inimigo declarado do pai de Castelao, foi obxecto de moitos ataques desde El Barbero Municipal. Viturro foi un personaxe de carácter impetuoso e caciquil. A partir de 1904, ocupou a secretaría da Deputación da Coruña, destino no que puido satisfacer os seus intereses persoais. Foi considerado como home forte da política coruñesa.


Foi no último terzo do século XX cando as Franciscanas se fixeron co pazo. Foi empregado pola congregación para actividades como retiros espirituais ou convivencias. Actualmente, o pazo pertence ao Concello. Na súa finca atópase un grandioso hórreo integramente labrado en granito.

Outros puntos do roteiro

«Se a cultura é o mellor froito da nación, será preciso recoñecer que non hai vida nacional única onde existan diversas culturas».

«Sempre en Galiza», 1944.  Editorial Galaxia.

Fotografía e vídeo: Alumnado Obradoiro Carnero Valenzuela II e Concello de Rianxo.

Deseño: Alumnado Obradoiro Carnero Valenzuela II.

2021

Licenza Creative Commons

Esta obra ten unha licenza Creative Commons

Atribución-Non comercial-Compartir igual 3.0 España
Ir al contenido