Símbolos de Galiza
25. CAPELA DE SAN XOSÉ DA FLORESTA
A capela de San Xosé, ou do Patrocinio, foi fundada en 1665 polo fidalgo Jacinto Varela Becerra Caamaño Sotomayor. Esta conserva na súa fronte os dous escudos da familia, os cales recolle Castelao na súa obra. Nun deles, o da impoñente serea dos Mariño, inspirouse para o seu proxecto de escudo de Galiza.
Esta capela acolleu durante un tempo, a imaxe da Virxe de Guadalupe, ata que por problemas da propiedade do templo, foi instalada definitivamente na Capela da Cruz, hoxe coñecida como Capela da Guadalupe, que se atopa como se dixo en puntos anteriores na praza Castelao.

Outros puntos do roteiro
Previous
Next
«O pobo é somentes soberán o día das eleccións».
«Sempre en Galiza», 1944. Editorial Galaxia.
Fotografía e vídeo: Alumnado Obradoiro Carnero Valenzuela II e Concello de Rianxo.
Deseño: Alumnado Obradoiro Carnero Valenzuela II.
2021





