24. CAMPO DE CONCENTRACIÓN

A triste historia de Rianxo

A mediados do século XIX, o catalán Juan Goday y Gual, levantou unha fábrica de salgadoiro de sardiñas que gozou de gran reputación, non só a nivel nacional, senón que traspasaba as fronteiras ata Francia e Italia. Atopábase situada no que hoxe chamamos o Castelo, un promontorio cara a ría de Arousa, a medio camiño entre o Cabo da Vila e a Punta Fincheira. A conserveira mantívose operativa ata o ano 1917. O seu peche supuxo un duro golpe para a economía local, onde traballaban regularmente 30 homes e 80 mulleres. Posteriormente pasou por varios donos.

Non se podían imaxinar Castelao nin os seus veciños rianxeiros, que corricaban alegres polas proximidades do Castelo, que un día aquela paraxe se convertería nun lugar triste e horrendo por mor da Guerra Civil, xa que a fábrica foi confiscada para ser empregada como campo de concentración.

No ano 2003, o Concello de Rianxo rendeulles unha homenaxe aos prisioneiros, con asistencia de familiares, maioritariamente de Asturias e Cataluña. Descubriuse unha placa conmemorativa, onde figura esculpida esta lenda:

“Neste lugar, para maior ignominia e desprezo da condición humana existiu un Campo de Concentración entre 1937 e 1939. Este monumento é homenaxe aos prisioneiros republicanos que nel sufriron e morreron. O pobo de Rianxo. Outubro 2003”

Outros puntos do roteiro

«Os elementos de dereita soio conciben unha patria artificial, posta ao servicio dos seus intereses».

«Sempre en Galiza», 1944.  Editorial Galaxia.

Fotografía e vídeo: Alumnado Obradoiro Carnero Valenzuela II e Concello de Rianxo.

Deseño: Alumnado Obradoiro Carnero Valenzuela II.

2021

Licenza Creative Commons

Esta obra ten unha licenza Creative Commons

Atribución-Non comercial-Compartir igual 3.0 España
Ir al contenido