Lugar de repouso
23. CEMITERIO MUNICIPAL DE RIANXO
Situado cerca da praia de Tanxil, o cemiterio municipal de Rianxo é o lugar no que se atopan soterrados os restos dos pais de Castelao, irmáns e outros familiares como os avós, tíos ou os seus curmáns, os Insua. Considerados como irmáns para Castelao, estes morreron no porto de Vigo cando tentaban fuxir en barco para a zona republicana. Neste camposanto repousan tamén grandes amigos de Castelao, como son Rafael Dieste, Manuel Antonio, Roxerius e Arcos Moldes, dos cales se fala noutros puntos desta ruta.
Cabe destacar que os restos do propio Castelao descansan no Panteón dos Galegos Ilustres, no convento de San Domingos de Bonaval, en Santiago de Compostela.

Outros puntos do roteiro
Previous
Next
«¿Con que dereito se nos obriga a deprender a lingua de Castela e non se obriga aos casteláns a deprenderen a nosa?»
«Sempre en Galiza», 1944. Editorial Galaxia.
Fotografía e vídeo: Alumnado Obradoiro Carnero Valenzuela II e Concello de Rianxo.
Deseño: Alumnado Obradoiro Carnero Valenzuela II.
2021





