21. CASA DE ARCOS MOLDES

El Barbero Municipal

Nada queda da casa da rúa do Hospital, a poucos metros da graneira de Mariano Rodríguez, onde residiu o “mestre sen escola”, don Xosé Arcos Moldes, perito mercantil coñecido principalmente pola súa actividade como xornalista republicano e director do semanario El Barbero Municipal de Rianxo, no que se produciron os primeiros textos e caricaturas de Castelao. Esta casa foi lugar de múltiples xuntanzas da mocidade ilustrada e mariñeira do Rianxo de comezos do século XX, ás que asistía o propio Castelao cando estaba na vila. Durante unha desas reunións, decidiron crear, en xullo de 1910, o xa citado semanario El Barbero Municipal, que durou ata marzo de 1914. Na cabeceira figuraba Arcos Moldes como director da publicación, Alfonso R. Castelao como director gráfico e administrativo e Rañó Alcalde como redactor.

Outros puntos do roteiro

«O que eu sinto é que alguén que maltratou a miña nai morra antes de que eu chegue a home».

«Álbum Nós», 1931.  Editorial Galaxia.

Fotografía e vídeo: Alumnado Obradoiro Carnero Valenzuela II e Concello de Rianxo.

Deseño: Alumnado Obradoiro Carnero Valenzuela II.

2021

Licenza Creative Commons

Esta obra ten unha licenza Creative Commons

Atribución-Non comercial-Compartir igual 3.0 España
Ir al contenido