Castelao e Mato
19. O PEIRAO DE SETEFOGAS
Considerado o embarcadoiro máis antigo do concello, data de mediados do século XIX, aínda que o actual é de comezos do XX. En 1903, cando se lle adxudicaron as obras da súa reparación e ampliación a Ramón Fernández García, de Cespón, pai do que será un grande amigo de Castelao, compañeiro na facultade de Medicina e na Tuna de Santiago: Ramón Fernández Mato. Os dous coincidiron nos estudos de grao medio, como compañeiros na facultade de Medicina e formando parte da Tuna compostelá, da que Fernández Mato chegou a ser o presidente.
En política foron por camiños distintos, mentres Castelao seguiu co compromiso galeguista ata as últimas consecuencias, Fernández Mato non tiña as ideas tan claras. En principio era de Portela Valladares, e dirixiu o seu periódico El Pueblo Gallego en Vigo. Despois foi seguidor de Casares Quiroga, que o nomeou gobernador civil de Ciudad Real e Jaén; e tamén foi director xeral de Seguridade. Cando comezou a Guerra Civil do 36, foi perseguido por ambos os bandos. Tanto os franquistas coma os republicanos pedían a súa cabeza. Ao final, os dous excompañeiros víronse obrigados a escoller o camiño do exilio, como un mal menor. Mato regresou a Galiza nos anos sesenta, asentouse en Vilagarcía de Arousa e deixouse querer polo franquismo.

Outros puntos do roteiro
Previous
Next
«Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma».
«Sempre en Galiza», 1944. Editorial Galaxia.
Fotografía e vídeo: Alumnado Obradoiro Carnero Valenzuela II e Concello de Rianxo.
Deseño: Alumnado Obradoiro Carnero Valenzuela II.
2021





