“Eu teño que ir a Rianxo aínda que sexa nun cadaleito”
17. BUSTO DE CASTELAO
Por desexo de Teresa R. Castelao, irmá de Castelao, o busto en bronce do seu irmán, promovido polos emigrados do Uruguai e doado á vila de Rianxo polo Padroado da Cultura Galega de Montevideo, erixiuse nun dos xardíns da Ribeira en setembro de 1975 coa idea de que puidese verse desde a fiestra da casa paterna que dá á Ribeira. É obra do escultor Xosé Escudero Couceiro, e a base, en pedra, de Alfonso Sanmartín. Ao acto da inauguración asistiron, entre outros, o amigo de Castelao, Ramón Otero Pedrayo, aínda que non pasaba por bos momentos de saúde; semanas antes estivera hospitalizado e xa avisara: “Eu teño que ir a Rianxo aínda que sexa nun cadaleito”. Foi a derradeira vez que asistiu a un acto público.
Ese 27 de setembro, Rianxo quedou tomado polas forzas policiais para controlar a avalancha de universitarios afíns ao Partido Comunista, activistas e obreiros sindicalistas, que chegados de diversas partes, sobre todo de Ferrol, encheron a vila de bandeiras galegas e vocearon proclamas contra o Proceso de Burgos, no que se xulgaban a 16 militantes de ETA e que tivera lugar recentemente.

Outros puntos do roteiro
Previous
Next
«En Galiza non se pide nada. Emígrase».
«Álbum Nós», 1931. Editorial Galaxia.
Fotografía e vídeo: Alumnado Obradoiro Carnero Valenzuela II e Concello de Rianxo.
Deseño: Alumnado Obradoiro Carnero Valenzuela II.
2021





