O nacemento do xenio
16. CASA NATAL DE CASTELAO
Castelao naceu na casa do seu avó materno, José Ramón Castelao Vidal, situada no Cabo da Vila, o venres 29 de xaneiro de 1886, ás 10 da mañá. O seu pai, Mariano Rodríguez Dios, contaba con 27 anos, e a súa nai, Joaquina Castelao Genme, 28.
Nesta casa Castelao pasaría os primeiros anos da súa vida. Desde aquí, podía escoitar a diario soar as buguinas dos barcos, anunciando a súa chegada cargados de peixe e as campás da igrexa chamando á xente aos actos relixiosos.
A primitiva casa do Cabo da Vila foi demolida no 1900 pola avoa Teresa, viúva neses intres de José Ramón Castelao, que falecera o ano anterior. No seu lugar mandou construír unha nova, con fachada con catro ventás e dúas portas, tal como a coñecemos na actualidade.
Cando se cumpriu I centenario do seu nacemento (1986), colocouse nesta vivenda unha placa que recorda que alí veu ao mundo o ilustre fillo de Rianxo.

Outros puntos do roteiro
Previous
Next
«Eu bebo para afogal-as penas; mais as condanadas aboyan».
«Álbum Nós», 1931. Editorial Galaxia.
Fotografía e vídeo: Alumnado Obradoiro Carnero Valenzuela II e Concello de Rianxo.
Deseño: Alumnado Obradoiro Carnero Valenzuela II.
2021





