15. CASA RAÑÓ

Banquetes e política

Na época de Castelao este local era unha casa-taberna situada a pouca distancia da casa onde nacera. Era o centro de reunións dos federais-galeguistas, partido que fundaran entre outros os “irmáns Insua”, curmáns do autor.

En setembro 1932, Castelao viaxou a Rianxo para dar un mitin defendendo o Estatuto de Galiza, e aproveitando a ocasión celebrouse un banquete na súa honra neste local ao que acudiron oitenta persoas.

casa raño

Outros puntos do roteiro

«Un «padrenuestriño» para que Dios nos liberte da xustiza».

«Álbum Nós», 1931.  Editorial Galaxia.

Fotografía e vídeo: Alumnado Obradoiro Carnero Valenzuela II e Concello de Rianxo.

Deseño: Alumnado Obradoiro Carnero Valenzuela II.

2021

Licenza Creative Commons

Esta obra ten unha licenza Creative Commons

Atribución-Non comercial-Compartir igual 3.0 España
Ir al contenido