O mitin de 1934
14. CINE IGLESIAS
Este cine, tristemente desaparecido na actualidade, foi o escenario dun concorrido acto protagonizado por Castelao.
En xullo de 1934, Castelao visitou Rianxo durante unha viaxe por diferentes localidades galegas. El e o seu compañeiro e amigo Alexandre Bóveda dan un mitin neste cine ante unha gran multitude. Tanta xente acudira a escoitalos que foi necesario abrir as portas do local para que a súa voz chegase á rúa, pois non daban abasto.
Rematado o mitin e entoados os himnos de Galiza e Rianxo, os oradores tiveron problemas para abandonar o edificio debido ao entusiasmo dos asistentes, que os seguiron ao tempo que daban vivas á República. Finalmente, Castelao tivo que despedirse desde o balcón da súa casa, á espera de que se dispersasen.

Audio 13: Himno a Rianxo, Xosé María Arcos Moldes e Xosé Ramón Nine Piñeiro, gravado en 1989 pola Banda de Música Municipal de Rianxo.
Outros puntos do roteiro
Previous
Next
«Para tocal-a a gaita compren máis folgos que para tocal-a a guitarra».
«Álbum Nós», 1931. Editorial Galaxia.
Fotografía e vídeo: Alumnado Obradoiro Carnero Valenzuela II e Concello de Rianxo.
Deseño: Alumnado Obradoiro Carnero Valenzuela II.
2021





