Unha praza familiar
13. PRAZA DE RAFAEL DIESTE
Nesta praza residían varios parentes do escritor, incluída a súa madriña, Pilar Castelao, co seu marido. Á súa casa acudía a miúdo Castelao de neno para pasar o tempo, evidenciando unha boa relación entre eles.
Preto deles vivía outra parente do autor: Concepción Castelao, co seu marido e o seu fillo Mariano Otero Castelao. Este último foi un dos fundadores do Partido Galeguista de Rianxo e concelleiro da Fronte Popular.
A mediados de 1900, unha vez retornados da emigración, Castelao e a súa familia establecéronse nunha casa desta praza, onde viviron até 1904.
É interesante engadir que, segundo Teresa (a irmá de Castelao), os seus antepasados paternos levantaron o cruceiro que aínda permanece no centro da praza.

Audio 13: Onde hai un cruceiro (relato incluído en Cousas, 1926)
Outros puntos do roteiro
Previous
Next
«Unha lingua é máis que unha obra de arte; é matriz inesgotable de obras de arte».
«Sempre en Galiza», 1944. Editorial Galaxia.
Fotografía e vídeo: Alumnado Obradoiro Carnero Valenzuela II e Concello de Rianxo.
Deseño: Alumnado Obradoiro Carnero Valenzuela II.
2021





