A vida relixiosa do autor
12. IGREXA PARROQUIAL DE RIANXO
As orixes desta fermosa igrexa son obxecto de debate, pois descoñecemos a data na que foi construída. O que si sabemos é que foi escenario de numerosos eventos relacionados co autor.
Este é o lugar no que Castelao foi bautizado o 30 de xaneiro de 1886, co nome de Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao. Aquí fixo tamén a súa primeira comuñón, a confirmación e tamén exerceu de acólito. Todo isto ten unha influencia na súa obra: no relato Aínda eu non nascera, recollido en Cousas, podemos ver unha viñeta do campanario da igrexa.
Trala súa morte, o 20 de xaneiro de 1950, organizouse o seu funeral nesta mesma igrexa. A asistencia espertou moito interese, cunha gran presenza do pobo, mais escasos representantes académicos ou escritores. Ademais, non acudiu ningunha autoridade municipal ou provincial. O goberno franquista tentou quitarlle o foco á súa morte, e deulle ordes á prensa para que non a resaltasen con titulares.

Audio 12: Aínda eu non nacera (relato incluído en Cousas, 1924)
Outros puntos do roteiro
Previous
Next
«A nosa vaca ten o pesebre en Galiza e os tetos en Madrid. E o que non lle dá de comer a unha vaca non ten dereito a muxila».
«Sempre en Galiza», 1944. Editorial Galaxia.
Fotografía e vídeo: Alumnado Obradoiro Carnero Valenzuela II e Concello de Rianxo.
Deseño: Alumnado Obradoiro Carnero Valenzuela II.
2021





