11. BIBLIOTECA CASTELAO. PAZO DE MARTELO

Un lugar para a lectura

Este pazo foi construído aproximadamente entre fins do século XVII e inicios do XVIII para substituír o edificio orixinal do século XV, que foi derruído. A súa fachada está adornada con tres escudos que Castelao recolleu nos seus debuxos para a revista Nós en 1933.

Nos anos mozos do autor o pazo era propiedade do poeta Evaristo Martelo Paumán del Nero, que segundo contan axudou a convencer ao rapaz de que “falar galego non é falar mal, é falar diferente”.

Desde 1986, o edificio contén a Biblioteca Municipal, coñecida como Biblioteca Castelao. É o lugar perfecto para descansar e gozar da obra do autor. Ademais, aquí podemos atopar unha simpática carta que Castelao lles escribiu aos seus avós cando só tiña once anos, na época na que vivía na Pampa arxentina. Nesta carta, composta con perfectas rimas, o rapaz laiábase dos problemas que tiña coa ortografía.

Cantiga: As froles do meu amigo, de Pai Gomez Charinho, en contrafacta da cantiga de Santa María de Alfonso X O Sabio no 140, A Santa María dadas sejan loores do cd CANTIGA, do grupo profesional de música antiga RESONET, dirixido por Fernando Reyes. Cantada por Mercedes Hernández. GAUDIA ref. GAR – 0116.

Outros puntos do roteiro

«Non é leite o que mama o rapaz; é sangue».

«Álbum Nós», 1931.  Editorial Galaxia.

Fotografía e vídeo: Alumnado Obradoiro Carnero Valenzuela II e Concello de Rianxo.

Deseño: Alumnado Obradoiro Carnero Valenzuela II.

2021

Licenza Creative Commons

Esta obra ten unha licenza Creative Commons

Atribución-Non comercial-Compartir igual 3.0 España
Ir al contenido