O fogar do matrimonio Castelao
10. CASA DOS AGUIRRE
A orixe desta edificación remóntase ao 1565, e era propiedade dun fidalgo. En outubro de 1912, Castelao e a súa esposa Virxinia Pereira Renda, instaláronse nesta casa. Ademais de vivenda, a casa dos Aguirre converteuse tamén no consultorio médico de Castelao, no que exerceu a medicina durante dous anos. Finalmente, abandona esta carreira polos seus problemas de vista e pola falta de motivación.
Neste fogar creou algunhas das súas obras, coma os seus Contos de cegos en 1914. Ademais, ese mesmo ano naceu o seu único fillo, Alfonso Luís Xesús.

Audio 10: Fragmento dunha carta de Virxinia Pereira á actriz María Casares (Bos Aires, 1958)
Outros puntos do roteiro
Previous
Next
«Galiza deixará de loitar pola liberdade cando a conquira».
«Sempre en Galiza», 1944. Editorial Galaxia.
Fotografía e vídeo: Alumnado Obradoiro Carnero Valenzuela II e Concello de Rianxo.
Deseño: Alumnado Obradoiro Carnero Valenzuela II.
2021





