09. RESTAURANTE BAR ELA

Chegan novas do exilio

Con motivo do primeiro aniversario da fusión da Sociedad del Ayuntamiento de Rianjo y Taragoña (unificadas), esta editou a revista social Rianxo, dirixida polo taragoñés José Otero Otero. Esta publicación naceu animada polo estímulo representativo de Castelao que, a cambio, pintou un gran mural no centro social.

Algúns exemplares desta revista acadaron Rianxo, chegando un deles a mans de Juan Domínguez Varela, fundador do Restaurante Bar Ela. Isto foi posible grazas aos seus irmáns emigrados que, coñecendo a expectación que xeraba esta publicación, puideron enviar a revista. Había tanta xente interesada nos seus contidos que tiveron que facerse lecturas en voz alta para que chegase a todos a voz dos seus irmáns en América.

Outros puntos do roteiro

«Porque as vacas e os bois merecen máis amor que os touros bravos».

«Sempre en Galiza», 1944.  Editorial Galaxia.

Fotografía e vídeo: Alumnado Obradoiro Carnero Valenzuela II e Concello de Rianxo.

Deseño: Alumnado Obradoiro Carnero Valenzuela II.

2021

Licenza Creative Commons

Esta obra ten unha licenza Creative Commons

Atribución-Non comercial-Compartir igual 3.0 España
Ir al contenido