A traxedia dos irmáns Insua
08. RESTAURANTE FELICIANO
Este emblemático restaurante abriu as súas portas por primeira vez en 1946 e continúa no negocio na actualidade. Destaca por ser o primeiro lugar de Galiza onde se puido escoitar a célebre A Rianxeira.
Esta canción, que orixinalmente se chamaba “Ondiñas da nosa ría”, foi composta polos rianxeiros Romero e Pinciñas para recibir a Castelao na Arxentina. Posteriormente o Centro Galego de Bos Aires enviou unha copia do disco orixinal ao bar Feliciano, onde o seu dono, Feliciano Rial, colocou un tocadiscos no balcón para que puidese escoitarse desde a rúa. Así, este local tivo un papel moi importante na promoción deste segundo himno galego.
Esta casa ten o valor engadido de ser a última residencia dos curmáns de Castelao, os irmáns Insua: Xosé Losada Castelao e Manuel Rodríguez Castelao, ata consumarse a traxedia da Guerra Civil.

Audio 08: Ondiñas da nosa ría, de Anxo Romero e Xosé Frieiro, gravada polo Coro castelao en 1948 en Bos Aires
Outros puntos do roteiro
Previous
Next
«Non hai máis solución que o do federalismo para chegar á paz do mundo».
«Sempre en Galiza», 1944. Editorial Galaxia.
Fotografía e vídeo: Alumnado Obradoiro Carnero Valenzuela II e Concello de Rianxo.
Deseño: Alumnado Obradoiro Carnero Valenzuela II.
2021





