06. CASA DOS PÉREZ

Unha ollada ao Rianxo de Castelao.

Hoxe é a Casa Museo Manuel Antonio, propiedade do Concello. Esta foi a casa dos Pérez, familia do poeta Manuel Antonio (1900-1930). Recrea nos seus tres andares unha casa vilega e amosa nos seus andeis a biografía do alcumado poeta do mar. Alberga no primeiro andar unha colección de fotos de Rianxo de comezos do século XX feita polo seu curmán, o fotógrafo Pepito Pérez. No segundo recrea unha das habitacións co seu mobiliario e no terceiro andar vense os cadernos de bitácora da súa navegación náutica no Constantino Candeira ou no Gelria. Podemos ollar unha escolma da biblioteca, cos libros e revistas ás que se subscribiu, as cachimbas, a súa relación coas Irmandades da Fala, así como publicacións en diversas revistas literarias. Tamén se pode ver o célebre pacto de sangue co seu compromiso co galego ou o manifesto Os Novos.

Outros puntos do roteiro

«O idioma imposto non logrou matar o seu idioma natural pero logrou degradalo».

«Sempre en Galiza», 1944.  Editorial Galaxia.

Fotografía e vídeo: Alumnado Obradoiro Carnero Valenzuela II e Concello de Rianxo.

Deseño: Alumnado Obradoiro Carnero Valenzuela II.

2021

Licenza Creative Commons

Esta obra ten unha licenza Creative Commons

Atribución-Non comercial-Compartir igual 3.0 España
Ir al contenido