05. CASA DOS DIESTE

Teatro entre amigos

Nos baixos da casa dos Dieste, que mira cara á ribeira, tiñan unha habitación á que lle chamaban o cuarto do medio. Alí é onde se xuntaba Eduardo cos amigos para ensaiar teatro, parodiando personaxes populares que frecuentaban a ribeira. Era coma un laboratorio de ideas con apuntamentos de figuras e caretas da xente curiosa que pululaba pola vila. Parte destas probas experimentais foron condensadas no libro de Eduardo Dieste, Buscón poeta y su teatro.

Audio 05: Fragmento da peza teatral Os vellos non deben de namorarse, estreada en Bos Aires en 1941

Audio 05′: Canción Lela, con música do mestre Chapí, cantada na representación de Os vellos non deben de namorarse polo teatro Airiños en 1985

Outros puntos do roteiro

«A loita nobre e leal das ideias é o que asegura o progreso».

«Sempre en Galiza», 1944.  Editorial Galaxia.

Fotografía e vídeo: Alumnado Obradoiro Carnero Valenzuela II e Concello de Rianxo.

Deseño: Alumnado Obradoiro Carnero Valenzuela II.

2021

Licenza Creative Commons

Esta obra ten unha licenza Creative Commons

Atribución-Non comercial-Compartir igual 3.0 España
Ir al contenido