A amizade entre dous intelectuais
03. CASA CÁNDIDO
Esta alberga a primeira librería de Rianxo e conta con máis de cen anos de vida, talvez a máis antiga de toda Arousa Norte. O seu fundador libreiro-industrial-impresor, Cándido C. González, foi un dos amigos íntimos de Castelao. Os dous formaron parte da sociedade Pro-Cultura (1913). Cándido presidiu a agrupación social Acción, que tanto destacou na defensa de Castelao e do seu pai no altercado da graneira da Fincheira, como anteriormente o fixera louvándoo polo da loita contra a peste gripal. A súa casa era o lugar de encontro dos amigos ilustrados. En febreiro de 1936, Cándido é nomeado alcalde de Rianxo, pero nos comezos da Guerra Civil foi acusado de masón e detido polas forzas represoras que o levaron ao cárcere de Santiago. Afortunadamente saíu en liberdade ao pouco tempo. Peor sorte tivo o seu fillo Candidito, que pola súa afinidade co Partido Galeguista, viuse obrigado a andar meses escondido para logo fuxir a Arxentina e morrer alá no desterro.

Outros puntos do roteiro
Previous
Next
«Para nós, os galegos, afeitos a percorrermos o mundo e a convivir con tódalas razas, o nacionalismo racista é un delito e tamén un pecado.»
«Sempre en Galiza», 1944. Editorial Galaxia.
Fotografía e vídeo: Alumnado Obradoiro Carnero Valenzuela II e Concello de Rianxo.
Deseño: Alumnado Obradoiro Carnero Valenzuela II.
2021





