Centro da vida social e política
02. PRAZA DE CASTELAO
Esta praza constitúe hoxe en día o principal punto de referencia de ocio da vila, como lugar idóneo para gozar da celebración de festexos e espectáculos de diversa índole. Dada a súa amplitude e situación privilexiada, a praza de Castelao ou Campo de Abaixo, ao longo do tempo, foi escenario de grandes acontecementos históricos, protagonizados polos mandatarios dos grupos políticos do momento. No caso que nos ocupa, lémbrase un acto da Gran Diada Galeguista, que se celebrou en Rianxo o domingo 18 de setembro de 1932, con asistencia de catro mil persoas.

Audio 02: Fragmento de Alba de Gloria (1948, Centro galego de Bos Aires)
Outros puntos do roteiro
Previous
Next
«Val máis unha terra con árbores nos montes que un Estado con ouro nos bancos».
«Sempre en Galiza», 1944. Editorial Galaxia.
Fotografía e vídeo: Alumnado Obradoiro Carnero Valenzuela II e Concello de Rianxo.
Deseño: Alumnado Obradoiro Carnero Valenzuela II.
2021





